martes, 14 de abril de 2009

MULTICULTURALIDADE E MINORÍAS, CARTAS DE AMOR DE FRAN ALONSO, DÍAS 15 E 16 DE ABRIL





o noso CLUB DE LECTURA GALIX TENDENDO REDES REÚNESE NOVAMENTE OS DÍAS 15 de abril e 16 de abril na BIBLIOTECA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA para reflexionar sobre temática MULTICULTURALIDADE E MINORÍAS.

O día 15 faremos un repaso ás obras da LIX galega que tratan esta temática, así como a outras obras de gran calidade e interese dentro das literaturas peninsulares, -a partir da escolla que nos fará a nosa colaboradora a profesora e crítica Mayte Leis.
Tamén trataremos de poñernos na pel daqueles que se ven obrigados a atravesar fronteiras deixando a súa cultura atrás, reflexionando sobre o concepto de O OUTRO, dende unha mirada posmoderna e reconcialiadora, para finalmente achegarnos á obra dun dos autores máis comprometidos co terceiro mundo da nosa LIX, Fran Alonso, a quen teremos o gusto de escoitar ao día seguinte, día 16 de abril. FRAN ALONSO falaranos das influencias, experiencias e compromisos que deron lugar á súa obra CARTAS DE AMOR, publicada por Edicións Xerais de Galicia, na súa colección Fóra de Xogo, e que foi escollida neste roteiro de lecturas xuvenís.

Desexamos que te unas á nosa experiencia, que terá lugar na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, de 17.00 a 19.00 horas, os xa mencionados días 15 e 16 de abril de 2009.
Un saúdo:
Gálix.
CLUB DE LECTURA TENDENDO REDES

No hay comentarios:

Publicar un comentario