martes, 2 de junio de 2009

AIRE NEGRO OU A ARTE DE NARRAR O MISTERIO






A ARTE DE NARRAR O MISTERIO PARTINDO DO MITO ORAL por Ánxela Gracián

Aire Negro refunde a realidade, enche os espazos baleiros do coñecemento, dialoga co mito oral das bocas, pozos ou portas do inferno e reinvéntao dende unha escrita literaria. Nesta e noutras obras o escritor que practica a arte da metaliteratura, o que implica a importancia e coidado exixente e exquisito que na súa obra se concede á linguaxe, de aí que os argumentos das obras de Agustín flúan dun xeito claro, case transparente. A súa é unha visión intuitiva e amigable do azar. Así, os sucesos considerados estraños –como presenza de pantasmas, seres do trasmundo, presenzas demoníacas- etc, tórnanse verosímiles ante o lector que se converte en cómplice do protagonista. A presenza de seres do trasmundo galaico, o reecontro coas orixes ancestrais e o diálogo literario con elas forxa unhanarrativa que, partindo da tradición oral, literaturiza os mitos. Hai en toda a obra de Agustín Fernández Paz paixón pola literatura, exixencia altísima coa linguaxe, reactualización de temas do mundo tradicional oral dos que parte para a creación dun misterio ao xeito de Poe, Hoffman e Lovecraf, pero hai en toda a súa obra unha reflexión sobre o amor. Aire negro é tamén unha novela de amor, unha novela que ten que ver co amor como posesión –a gran besta- e tamén co amor como despedida, como renuncia e tamén como reencontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario