jueves, 14 de mayo de 2009

CONXURAR O MEDO, CITA CON AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Proposta gráfica do ilustrador Daniel Díaz Trigo

CITA CO MEDO
A novela de misterio require que o lector se deixe conducir ás mesmas trampas e desasosegos nos que cae o protagonista, de aí, desa identificación perigosa coa realidade inventada nace O MEDO.
Un mes máis o Club de lectura Gálix TENDENDO REDES CONVÍDAVOS á lectura colectiva de AIRE NEGRO do escritor Agustín Fernández Paz (o mércores día 20 de maio de 17.00 a 19.00 horas no Consello da Cultura Galega) e ao encontro co escritor (o mércores día 27 de maio á mesma hora e no mesmo lugar), a través das súas propias palabras e da achega que o tamén escritor e amigo persoal do autor, Miguel Vázquez Freire, fará da súa obra, nun man a man entre ambos, que nos levará a discernir as claves da novela de misterio.
A novela elixida, Aire Negro, é unha das mellores obras deste xénero dentro da literatura galega xuvenil e Agustín Fernández Paz é un dos autores que levaron este xénero ao cumio da calidade literaria. Aire Negro constrúe un universo autónomo forxado no esvaradío terreo do terror psicolóxico con elementos de carácter mítico-fantástico a partir de claves tiradas do común, do cotián, da vida de dous seres que coñeceron o amor.
Achégate a desfrutar connosco do libro, das palabras de Agustín Fernández Paz e das reflexións de Miguel Vázquez Freire.

1 comentario:

  1. Sinto,non poder acudir a vosa cita,os mercores é un día imposibel pra min
    bicos e que disfrutedes do medo

    ResponderEliminar