miércoles, 25 de febrero de 2009
NACE GÁLIX TENDENDO REDES
Nace O CLUB DE LECTURA GÁLIX “TENDENDO REDES” que crea a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix neste ano 2009, coa colaboración da Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Difusión e Promoción Cultural e o Consello da Cultura Galega.O ano 2009 vai estar dedicado á literatura xuvenil galega. Ao longo dos meses iremos abordando unha serie de libros significativos dentro de cada un dos subxéneros da narrativa xuvenil galega, de xeito que, ao cabo do ano, construamos unha visión completa de todo o corpus que foi conformando dende os comezos, e mais especialmente nos últimos vinte e cinco anos, a Literatura Xuvenil galega. Autores como Xosé A. Neira Cruz, Fran Alonso, Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Miguel Vázquez Freire, An Alfaya, Marcos Calveiro e Fina Casalderrey, entre outros que nos ensinarán descubrir os segredos e misterios que se agochan detrás de cada libro, os escenarios xeográficos que lles serviron de inspiración, as lecturas que os foron construíndo ou as propostas fílmicas e musicais que serviron de punto de partida para o nacemento da escrita. Tamén poñemos á túa disposición este blog(www.tendendo redes.blogspot.com) no que poderás seguir a dinámica do club e unha páxina web propia na que aparecerá o estudo das obras, o tratamento desta temática dentro da LIX, algunhas propostas de actividades transversais, que che permitirán, ao tempo que desfrutas coa lectura, achegarte dun xeito máis profundo ao texto e ao autor ou autora.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario