martes, 2 de junio de 2009

MULLERES CON VOZ DE SEU


O club de lectura Gálix Tendendo Redes continúa a súa andaina coa súa cita mensual. Este mes estará dedicado á narrativa con voz feminina e abordarase á lectura da obra:

A expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre.



A cita ten lugar no Consello da Cultura Galega de 17.00 a 19.00 horas.



O día 3 de XUÑO realizarase unha posta en común arredor da citada obra, así como unha introdución a esta temática dentro das literaturas ibéricas.

O día 16 de XUÑO contaremos coa presenza da autora que nos contará polo miúdo os detalles do proceso de creación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario