martes, 12 de enero de 2010

XORNADA ROMÁNICO-LITERARIA “FRÍO AZUL ENTRE PEDRAS CISTERCIENSES”




XORNADA ROMÁNICO-LITERARIA “FRÍO AZUL ENTRE PEDRAS CISTERCIENSES”O frío azul de Ramón Caride
“Aló polo ano 1517, nunha escura invernía, desafiando unha mesta nevarada, un viaxeiro chega ao mosteiro de Oseira. Acarrexa unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por saber a calquera prezo a razón da súa insólita desventura. Paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos monacais van minando a súa afouteza, ata que, finalmente, a impensada confesión do amo do mosteiro o leve sen remisión polos camiños máis abraiantes.” Fervenzas Literarias
PROGRAMA “FRÍO AZUL ENTRE PEDRAS CISTERCIENSES”
(SÁBADO 23 DE XANEIRO DE 2010)

10.15.10.30. Encontro dos participantes no restaurante ATENEO (O Reino-Piñor de Cea) (Na nacional 525, km 266, teléfono 988 403 331, na antiga estrada xeral Santiago-Ourense).
10.30-11.00. Benvida do alcalde do Concello de Cea José Luis Valladares Fernández.
11.00-12.30. Partida en autocar para Oseira. Visita guiada á Abadía Santa María A Real de Oseira polos monxes da abadía. Retorno en autocar.
12.30-13.00. Intervención de Xosé Lois García: Oseira e o Císter.
13.30-14.30. Degustación de viños dirixida polo enólogo Guillermo Alvarado.
14.30-16.00. Xantar no restaurante Ateneo. Animación musical de Baldomero e X. Herminio.
16.00-16.30. Visita á antiga Fábrica de Papel de Lousado.
16.30-18.00. Ficción e reconstrucción histórica na novela “O frío azul”, a cargo do seu autor, Ramón Caride Ogando, no Salón de Plenos do Concello de Piñor. Coloquio cos asistentes.

• Prezo: 25 euros (inclúe xantar –entremeses, dous pratos, postre e bebidas-, desprazamentos da xornada e entrada ao Mosteiro)
• prazo para facer o ingreso está aberto ata o luns 18 de xaneiro e debe facerse, especificando o voso nome completo, no seguinte número de conta: 2091 0342 20 3000067911
Para máis información:
galix.tendendorredes@gmail.com,
palabrasdepan@gmail.com

ENCONTRO-COLOQUIO CON FINA CASALDERREY



ENCONTRO-COLOQUIO CON FINA CASALDERREY
arredor da súa novela A pomba e o degolado

Presentación da autora a cargo de Miguel Vázquez Freire
Chatear baixo nick
Facer amigos cibernéticos
Descubrir que paga a pena confiar na xente
Enfrontarse á vida coa linguaxe dos paxaros
Entender que o corazón é un músculo grande a ademais estalica

Mércores, 20 de XANEIRO de 2010
De 17 a 19 horas, Consello da Cultura Galega
Organiza Gálix “Tendendo Redes”

lunes, 16 de noviembre de 2009

A FRÁXIL EXISTENCIA, MESA REDONDA DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 17 A 19 HORAS


O club de lectura GÁLIX TENDENDO REDES organiza unha MESA REDONDA arredor da temática A FRÁXIL EXISTENCIA
Xoves 26 de novembro, de 17 a 19 horas no Consello da Cultura Galega
Escritores convidados: Concha Blanco, Marcos Calveiro e Rosa Aneiros, modera Ánxela Gracián.



A deformidade do corpo como xeito de subsistencia
As percepcións do outro
Seres humanos que se sitúan nas periferias da sociedade
Enfrontarse á vellez
As minorías étnicas e a busca dun lugar no mundo
Vidas como invernos de cor gris
Abrir as portas da gaiola na que un se pechou un día



XOVES, 26 DE NOVEMBRO, DE 17.00 A 19.00

Participan: Concha Blanco, Rosa Aneiros, Marcos Calveiro, modera Ánxela Gracián

miércoles, 14 de octubre de 2009

A SOMBRA DESCALZA, NARRAR A GUERRA

ARREDOR DE XABIER DOCAMPO



XABIER DOCAMPO



http://xabier-docampo.net/

http://revistababar.com/wp/?p=36

http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=21991&portal=17



Como el di tantas veces, Xabier Docampo "é un neno de aldea, fillo dun pai esencialmente labrego, que tivo algúns oficios durante bastante tempo, e dunha nai costureira", un neno que coñece as primeiras palabras literarias da voz da súa nai, unha aventaxada alumna que acaba converténdose en mestra doutra nena e aprendendo case de memoria o pequeno armario de libros que formaba parte da exigua biblioteca daquela escoliña rural: Quevedo, Góngora, San Juan... pero a súa verdadeira paixón pola literatura nace da lectura incompleta -as primeiras catro páxinas habíaas de ler á idade de trinta anos-, dun exemplar mutilado de A illa do tesouro de Stevenson. Esa vocación, esa perfección, esa voz feita para a narración oral, rexistro no que se revelou un mestre que fascina aos seus oíntes, -como aconteceu unha vez máis a bordo do Nauja, coa súa fermosa e non escrita historia da princesa Ildara e os seus cabelos que se tornan cobras- vénlle xa da infancia, duns pais galegos ata a medula que lle contaron xenerosamente historias que o neno imaxinativo e dotado para a fantasía que foi dende sempre Docampo bebía como quen bebe un maná que nunca o deixará morrer de fame.
"Cando morreu meu pai fóiseme o contador de contos", dixo Docampo nunha ocasión, "esa foi unha das maiores bendicións que recibín na vida, gozar dese pai contador de sucedidos. O sucedido é unha historia que se conta como real por inverosímil que pareza. O narrador é o encargado de dar memoria fidedigna do que pasou, non como algo propio pero si como algo verdadeiro, algo que lle sucedeu a aquel que o contador coñece e de aí a súa misión de dar memoria".
Desa arte de dar memoria do que foi nacerá boa parte da obra literaria de Xabier Docampo, premio Nacional de Literatura, 1994, Cando petan na porta pola noite.
Confesa Xabier que "todo o que escribe o fai por un desexo de contar". Por iso, toda esa tradición oral influíu na súa vocación de escritor dun xeito profundo, que se ve de xeito máis evidente nos contos que nas novelas, na capacidade de descrición de espazos, de lugares e sentimentos, de describilos dende a narración, sen a presenza de diálogos, describilos coma se se contasen en voz alta.
Na xornada do día 26 de setembro, a bordo do Nauja, Xabier Docampo fixo gala unha vez máis da súa capacidade de contador oral capaz de nos trasladar ao mundo de Ildara a princesa dos cabelos que se transforman en cobras porque, como el di, para contar os contos, non hai segredos, nin fórmulas, nin máximas, nin conosellos; "os contos para contalos, hai que contalos ben e punto. Hai que contar contos que a un lle gusten e contar contos cando un ten ganas". Así, o día 26 de setembro, a bordo da goleta Nauja Xabier dende a palabra e Cobas, dende o pincel, contáronnos historias que lles gustaron e que nos conmoveron a pesar do quentísimo "día de herba seca", sen todos, nin tornasoles e desfrutamos de dous dos maiores contadores de historias -dende a palabra e dende a voz- con que se honra este país.
Docampo estuda maxisterio, condicionado polo azar e polo espazo físico de ter que cursar estudos sen se mover da Coruña, unha vez que remata deseguida descobre que a súa vocación é esa, que a escola é un espazo no que se sentir a gusto, e que, de non poder facer cine ou teatro, a aula é un espazo grato co que deleitar coa súa vocación de lector impenitente, voraz, incondicional, selectivo, contar e ler. E logo escribir. Con vinte e cinco anos xa tiña escritas moitas historias que escriba,"non tanto pola vaidade de publicar" senón porque "o bonito era escribir", por ese pracer de verter en letra os personaxes que viven dentro dun.
Coa faceta de escritor Xabier Docampo conxuga ademais a súa faceta de militante a prol da lingua, a galega por suposto, esa batalla a que se entrega coma os vellos guerreiros de ARturo, diposto a vencer, a dalo todo, a deixar a pel na loita porque a causa é nobre e paga a pena.
Ao longo da súa traxectora como mestre e como escritor deixou constancia do seu traballo pero tamén o fixo como home, como cidadán de a pé nado nun país cunha identidade e cultura de seu, que hoxe máis ca outras veces, está sendo ameazada.

jueves, 8 de octubre de 2009

NARRAR A GUERRA, A sombra descalza, AN ALFAYA, XOVES 22 DE OUTUBRO


NARRAR A GUERRA
Lectura compartida con An Alfaya de A sombra descalza
Xoves, 22 de outubro de 2010
De 17 a 19 horas no Consello da Cultura Galega (Praza do Obradoiro, 2ª planta, Santiago de Compostela)

“A guerra é unha femia maldita que casa coa morte”.
An Alfaya. A sombra descalza
A Guerra Civil e a posguerra.
Os tempos da fame.
A historia que nos foi construíndo.
Entendernos a través do pasado.
Os espazos femininos.
Os estereotipos sexuais.
A emigración.
Os segredos.
O matrimonio por conveniencia.
A economía da aldea.
Literatura e memoria.

NARRAR A ADOLESCENCIA, ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA, MÉRCORES DÍA 7 DE OUTUBRO



Proposta gráfica do noso ilustrador Daniel Díaz
NARRAR A ADOLESCENCIA
ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA DE Miguel Vázquez Freire
Mércores, día 7 de outubro de 2010, no Consello da Cultura Galega, de 17 a 19 horas, diálogo co escritor Miguel Vázquez Freire